Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17543

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1118/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1118/2009 por instancia de Mónica Maceda Rodríguez contra a empresa Nogueco, S.L. sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data 22 de febreiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Mónica Maceda Rodríguez, asistida da letrada Encarnación Jove Vidal, contra a entidade Nogueco, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe a Mónica Maceda Rodríguez a cantidade de 755,52 euros, polos atrasos non pagados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Nogueco, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado