Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (188/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de José Suárez García contra Construcciones y Reformas Piñeiro, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 188/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña a 12 de marzo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario, entre partes, dunha e como demandante, José Suárez García, que comparece asistido polo letrado David Pena Díaz, e doutra, como demandado, Construcciones y Reformas Piñeiro, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Que, estimando a demanda formulada por José Suárez García, contra a empresa Construcciones y Reformas Piñeiro, S.L., condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 1.918,44 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones y Reformas Piñeiro S.L., expido esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de abril de 2012.

O secretario xudicial