Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 7/11, seguido a Diego Álvarez Álvarez e J. Alberto Fernández Vayo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos denunciados a resolución do expediente sancionador ditada polo secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Esta resolución, na súa parte dispositiva di: «Declarar a caducidade do procedemento sancionador tramitado co número de expediente E.S. 7/11 e ordenar o arquivamento das actuacións, sen prexuízo do seu reinicio en tanto non prescriba a infracción».

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para poderen interpor recurso potestativo de reposición, contra esta resolución, ante o conselleiro de Economía e Industria, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou da circunscrición correspondente ao domicilio dos interesados –sempre que radique en Galicia–, á súa elección, no prazo de dous meses contados desde a dita data e sen prexuízo de que aqueles poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Denunciado: Diego Álvarez Álvarez.

Último enderezo coñecido: Cabral-O Carballal, 69, 36318 Vigo (Pontevedra).

Denunciado: J. Alberto Fernández Vayo.

Último enderezo coñecido: r/ Ourente, 7-4.º, 36211 Vigo (Pontevedra).