Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2011/148-2, 7886 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Construcciones Vilamiño, S.A.

Domicilio social: estrada da Coruña, 132, 27080 Lugo.

Denominación: C.T. para alimentación de edificio de 111 vivendas.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

C.T. en edificio non prefabricado situado na avda. Juan Navia Castrillón-r/ Alonso Pérez, cunha potencia proxectada de 800 kVA, no cal se instalan dúas celdas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo