Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. 77/2012, interposto por María Martina Barcia González e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 77/2012, interposto por María Martina Barcia González, Sara López González, Ana Aurora Otero Fugarolas, Ana Coejo Cuíñas, Ana María Hernández Escobar, Ana Isabel Agustín Ubide, Ana Luisa Udias Vázquez, Ana María Seijas Varela, Ana Rodríguez Torrente, Antonio Aurelio Hervella Garrido, Beatriz González González, Celia Rozas Donsión, Isabel García Canedo, Isabel Jesús Pensado Gómez, Juan María Abalo Castex, Lourdes García Valiñas, María Araceli Soutelo Ferro, María del Carmen Cuíñas Durán, María Eugenia Ares Lozano, María Jesús Castiñeira Estévez, María José Ruíz Pérez, María Teresa de Arcos Rey, Manuel Melchor Álvarez de Mon Rego, Marta Pardo Manzanares, Pablo Castedo López, Ramona Losada Rodríguez, Raquel López Roque, Rosa María Fernández Bahamonde, Sara Lomba Molinos e Sara María Fernández Bartolomé, contra a desestimación dos recursos de alzada formulados contra a resolución do tribunal nomeado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (DOG n.º 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior de administración, subgrupo A1, da Xunta de Galicia, desestimatoria das reclamacións interpostas contra a resolución do citado tribunal do 30 de marzo de 2011 (DOG n.º 69, do 7 de abril); contra as resolucións polas que se inadmiten os recursos de alzada formulados contra a resolución do tribunal do 22 de setembro de 2011, pola que se dá publicidade aos aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG n.º 189, do 3 de outubro), ou contra: «As desestimacións por silencio administrativo dos respectivos recursos de alzada formulados contra a Resolución do 22 de setembro de 2011 e contra a Orde da Consellería de Facenda do 22 de decembro de 2011», pola que nomean funcionarios/as do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 (DOG n.º 7, do 11 de xaneiro de 2012).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o cal se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública