Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado por procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo, por prezos unitarios, de tradución e interpretación para a Administración de xustiza en Galicia durante o ano 2012 (4 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SEXU 05-06-07-08/EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17060

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo, por prezos unitarios, de tradución e interpretación para a Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais e fiscalías da provincia de Pontevedra.

d) CPV: 79530000-8 (servizo de tradución), 79540000-1 (servizo de interpretación).

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 28 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 254.237,28 euros, IVE excluído (valor inicial máis posibles prórrogas)

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 127.118,64 euros. Importe total: 150.000,00 euros. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 44.491,52 euros. Importe total: 52.500,00 euros.

Lote 2: importe neto: 19.067,80 euros. Importe total: 22.500,00 euros.

Lote 3: importe neto: 19.067,80 euros. Importe total: 22.500,00 euros.

Lote 4: importe neto: 44.491,52 euros. Importe total: 52.500,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de marzo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 31 de marzo de 2012.

c) Contratista: Seprotec Traducción e Interpretación, S.L.

d) Importe de adxudicación.

Importe neto: 127.118,64 euros. Importe total: 150.000,00 euros. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 44.491,52 euros. Importe total: 52.500,00 euros.

Lote 2: importe neto: 19.067,80 euros. Importe total: 22.500,00 euros.

Lote 3: importe neto: 19.067,80 euros. Importe total: 22.500,00 euros.

Lote 4: importe neto: 44.491,52 euros. Importe total: 52.500,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza