Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17377

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4773/2008 MRA).

Nas actuacións de recurso de suplicación 4773/2008 MRA ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 237/2007 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos por Juan Carlos Rey Bello contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Ignacio Porta González (Bankgest Gestión Inmobiliaria), sobre desemprego, con data 19 de marzo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante contra a sentenza de data trinta de xuño de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, en autos 237/2008, confirmamos a sentenza recorrida.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Ignacio Porta González (Bankgest Gestión Inmobiliaria), expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial