Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (458/2009).

Encarna Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 458/2009 por instancia de María Celia Rodríguez Cortés contra Copias y Servicios Coruña, S.L. e contra o seu administrador Óscar San Julián Sánchez e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre salarios, nos cales se ditou sentenza o 6.2.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Celia Rodríguez Cortés, asistida polo letrado Francisco Pampín Miras contra a entidade Copias y Servicios Coruña, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que aboe á demandante a cantidade de 2.855,66 euros, polos conceptos reclamados, coa responsabilidade do Fogasa legalmente establecida. Por outra parte, debo desestimar e desestimo a demanda interposta por María Celia Rodríguez Cortés, asistida polo letrado Francisco Pampín Miras contra Óscar San Julián Sánchez, en rebeldía procesual, por falta de lexitimación pasiva, e en consecuencia, debo absolver e absolvo este das pretensións exercidas na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta é firme, e contra ela non cabe recurso ningún, de conformidade co artigo 190.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social, de aplicación segundo a disposición transitoria segunda da citada lei.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Copias y Servicios Coruña, S.L. e ao seu administrador Óscar San Julián Sánchez, expido e asino esta.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

La secretaria xudicial