Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1127/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1127/2009 por instancia de María Carmen Lucía Vázquez Iglesias contra a empresa Mara Fabiana Kearney Vidueiros sobre salarios, en que recaeu sentenza con data 6.2.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por María Carmen Lucía Vázquez Iglesias, asistida polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra a entidade Mara Fabiana Kearney Vidueiros, en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 12.056,06 euros, polos conceptos reclamados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Mara Fabiana Kearney Vidueiros, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado