Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1078/2009 por instancia de Azucena Estrada Alvedro contra o Instituto de Emprego Servizo Público e a empresa Reencontros, S.L., sobre seguridade social, nos cales se ditou auto o 25.1.2012 que, copiado nos particulares necesarios, di así:
«Auto.
Na Coruña, 25 de xaneiro de 2012.
Feitos.
Primeiro. O 24.9.2009 entrou neste Xulgado do Social número 4 demanda presentada por Azucena Estrada Alvedro fronte ao Inem e Reencontros, S.L.
Segundo. A parte demandante desiste da súa demanda.
Razoamentos xurídicos.
Único. Declarada pola demandante a súa vontade de abandonar o proceso iniciado por ela e sen que o demandado solicitase a continuación do procedemento, procede ter a demandante por desistida da súa demanda.
Parte dispositiva.
Tense por desistida a Azucena Estrada Alvedro da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquívese.
Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará neste xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes á súa notificación.
Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada Sonia Cartamil Obelleiro. Dou fe».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Reencontros, S.L., expido e asino esta.
A Coruña, 18 de abril de 2012.
A secretaria xudicial