Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (997/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 997/2009, por instancia de Agustín González Díaz contra a empresa Rótulos del Noroeste, S.L. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 26 de xaneiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Agustín González Díaz, no seu propio nome e representación, contra a entidade Rótulos del Noroeste, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe a Agustín González Díaz a cantidade de 1.468,93 euros, polo salario non pagado do mes de xuño de 2009.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela non cabe ningún recurso, de conformidade co artigo 190.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social, aplicable segundo a disposición transitoria segunda da citada lei.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Rótulos del Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado