Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (774/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 774/2009, por instancia de Manuel Mañana Aldao contra a empresa Construcciones Rurales, S.L. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 24 de xaneiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Manuel Mañana Aldao, asistido polo letrado Santiago Güémez Abad, contra a entidade Construcciones Rurales, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe a Manuel Mañana Aldao a cantidade de 2.907,22 euros, polos conceptos sinalados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela non cabe ningún recurso, tal e como establece o artigo 190.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social, aplicable segundo a disposición transitoria segunda da citada lei.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Rurales, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado