Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (466/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 466/2011 e acumulado 960/2011, por instancia de Luis Antonio Xabier de Toledo contra Framepa, S.L., sobre salarios, en que recaeu sentenza, con data do 24 de xaneiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda de resolución de contrato formulada por Luis Antonio Xabier de Toledo, asistido pola letrada Lidia Vázquez Méndez, contra a entidade Framepa, S.L., en rebeldía procesual e, así mesmo, debo estimar e estimo a demanda acumulada por despedimento número 960/2011, formulada por Luis Antonio Xabier de Toledo, asistido pola letrada Lidia Vázquez Méndez, contra a entidade Framepa, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado ao demandante e declaro a extinción do contrato de traballo que unía o traballador coa empresa demandada na data desta resolución. Condeno a demandada a aboarlle ao traballador as seguintes cantidades: 6.876,94 euros, polos salarios debidos desde xaneiro de 2011 ata a data do despedimento; 13.647,51 euros como indemnización por anos de servizo; e a suma de 10.293,22 euros por salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a desta resolución, con aplicación dos xuros de demora pertinentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo.

E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Framepa, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado