Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (212/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 212/2010, por instancia de Manuel Javier Cotelo Cabezal contra a empresa Intumi, S.A., sobre salarios, en que recaeu sentenza con data 19 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Manuel Javier Cotelo Cabezal, asistido polo letrado Carlos Rodríguez Núñez, contra a entidade Intumi, S.A., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 20.073,33 euros, suma que se verá incrementada nos xuros por demora do 10%, establecidos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo.

E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Intumi, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado