Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (615/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 615/2009, por instancia de María Teresa Borrazás Souto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Transportes Helguera, S.A. sobre Seguridade Social, en que recaeu auto con data do 5 de xaneiro de 2012 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Auto.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2012.

Luis Javier Rodríguez Vidal, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditou este auto en autos 615/2009.

Feitos:

Único. A demandante solicitou aclaración de sentenza.

Razoamentos xurídicos.

Único. Procede a aclaración solicitada no sentido de declarar, na resolución, que a empresa incumpridora das súas obrigas de Seguridade Social está obrigada a constituír, na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o capital custo de renda correspondente á prestación recoñecida.

Parte dispositiva.

Aclárase a sentenza nos termos indicados nos razoamentos xurídicos anteriores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso, sen prexuízo do que proceda, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire a aclaración.

Así o acordo, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Transportes Helguera, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado