Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (471/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 471/2010, por instancia de Mariela Reguera Alonso contra a empresa Cares Marketing y Comunicación, S.L. e The Shopping Selection, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 27 de maio de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda interposta por Mariela Reguera Alonso contra Cares Marketing y Comunicación, S.L., debo declarar improcedente o despedimento efectuado á demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 28.637,57 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 56,13 euros diarios, con desconto dos percibidos pola prestación de servizos na segunda empresa e períodos de incapacidade temporal, o que se defire ao trámite de execución da sentenza.

Desestímase a demanda interposta por Mariela Reguera Alonso contra The Shopping Selection, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 64047110.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cares Marketing y Comunicación, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado