Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1010/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1010/2009, por instancia de Josefa Ferreiro Gómez contra a empresa Cunicultura Gallega, S.L. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 30 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda interposta por Josefa Ferreiro Gómez, debo condenar e condeno a empresa Cunicultura Gallega, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 654,93 euros, polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cunicultura Gallega, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado