Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (627/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 627/2011, por instancia de Aitor Santos Alonso contra a empresa White-Wise Corporation, S.L. sobre despedimento, en que recaeu auto con data do 5 de xaneiro de 2012 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Auto.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2012.

Luis Javier Rodríguez Vidal, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditou este auto en autos 627/2011.

Feitos:

Único. A demandante solicitou aclaración de sentenza.

Razoamentos xurídicos:

Único. Non procede a aclaración solicitada. A categoría e os salarios fixados nos feitos declarados probados sono para os efectos do procedemento de despedimento axuizado e conformes co solicitado pola parte demandante, polo que non se pode producir incongruencia con futura sentenza en procedemento de reclamación de cantidade por diferenzas salariais.

Parte dispositiva: non procede a aclaración solicitada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso, sen prexuízo do que proceda, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire a aclaración.

Así o acordo, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa White-Wise Corporation, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado