Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 826/2011, por instancia de Gabriel Alfonso González Liendo contra a empresa Casona Coruña, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 9 de xaneiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Que estimo a demanda interposta por Gabriel Alfonso González Liendo contra a empresa demandada na súa pretensión subsidiaria e, en consecuencia, declaro con data desta sentenza (9 de xaneiro de 2012) o despedimento improcedente, así como a extinción da relación laboral. O empresario deberalle aboar ao traballador a cantidade de 3.173,53 euros de indemnización e 7.260,23 euros de salarios de tramitación.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado do social no prazo de cinco días contado a partir do seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que o deberá interpor, é sendo posible o anuncio por simple manifestación daquela ao ser notificada.
Así, por esta miña sentenza, o pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Casona Coruña, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 12 de abril de 2012.
A secretaria xudicial
Rubricado