Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (894/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 894/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Luis Alberto Alvite Alvite contra a empresa Jubean Constructora, S.L., Grupo Jubelope, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 177/2012.

Na cidade da Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Vistos por Luis Carlos Mariana Niño, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 desta cidade da Coruña, os autos número 894/2011 promovidos en reclamación sobre despedimento, por instancia de Luis Alberto Alvite Alvite asistido e representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde contra as empresas Grupo Jubelope, S.L. e Jueban Constructora, S.L. que non compareceron ao acto do xuízo malia estaren citadas en legal forma.

Fallo que estimando a demanda deducida por Luis Alberto Alvite Alvite, con DNI 44824491-K, contra as empresas Grupo Jubelope, S.L. e Jubean Constructora, S.L., en procedemento por despedimento, debo declarar o despedimento do dito demandante como improcedente, e condeno as empresas codemandadas Grupo Jubelope, S.L. e Jubean Constructora, S.L. a que readmitan inmediatamente o demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral, satisfacendo neste último caso ao demandante a indemnización de 16.122,68 euros.

A dita opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno, así mesmo, a parte demandada a que satisfaga á parte demandante os salarios de tramitación percibidos desde o 1.9.2011 á de notificación desta sentenza, atendendo ao salario regulador diario de 42,22 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0894.11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza, ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0894.11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz substituto que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Jubean Constructora, S.L., Grupo Jubelope, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

O secretario xudicial