Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16214

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (624/2011).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, mediante este anuncio fago saber que neste procedemento de xuízo verbal 624/2011 seguido por instancia de Consorcio Compensación Seguros fronte a Jaime Alberto López Rey ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Pontevedra o trece de febreiro de dous mil doce.

Indalecio Conde González, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, despois de ver estes autos de xuízo verbal 624/2011 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Consorcio Compensación Seguros, representado polo avogado do Estado, e doutra como demandado Pelayo Mutua de Seguros y Reaseguros Pelayo Mutua de Seguros, representada polo procurador Sr. Soto Santiago e asistido do letrado Sr. Reino Fraga, e os outros demandados Ana Belén Conde Abalde e Jaime Alberto López Rey, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade polos trámites do xuízo verbal, e

Decido que, desestimando a demanda formulada polo Consorcio de Compensación de Seguros respecto da aseguradora Pelayo Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija debo absolver e absolvo a demandada con imposición ao demandante das custas e, estimando a demanda respecto de Jaime Alberto López Rey e Ana Belén Conde Abalde, debo condenar e condeno as demandadas a que aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 621,91 euros e o xuro legal desde a reclamación xudicial con imposición aos demandados das custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 3591, sinalando no campo «concepto» a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución recorrida co formato dd/mm/aaaa.

Así o acorda e asina a súa señoría».

E, encontrándose o devandito demandado, Jaime Alberto López Rey, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial