Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16212

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (88/2011).

Carlota Fernández Ambrós, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos de referencia tramitados por este xulgado recaeu resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 8 de novembro de 2011.

Vistos por M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo verbal civil seguidos baixo o número 88/2011, en virtude de demanda interposta polo letrado substituto do avogado do Estado, habilitado para a representación do Consorcio de Compensación de Seguros, contra a entidade Amic, S.A., representada pola procuradora Sra. Rodríguez Arroyo e asistida polo letrado Ramón Lema Alvarellos, e contra María Encarnación Boquete Villamisar, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Resolución.

Debo estimar e estimo a demanda interposta polo letrado substituto do avogado do Estado, habilitado para a representación do Consorcio de Compensación de Seguros, contra María Encarnación Boquete Villamisar, en situación procesual de rebeldía e debo declarar a obriga de María Encarnación Boquete Villamisar, como condutora e propietaria dun vehículo sen aseguramento, de aboar ao Consorcio de Compensación de Seguros a cantidade que este aboou por ela ao carecer o seu vehículo de aseguramento, e, en consecuencia, debo condenar a María Encarnación Boquete Villamisar, a aboar á demandante a cantidade de 906,91 euros, cos xuros legais desde a data da interpretación xudicial.

Debo desestimar e desestimo a demanda interposta polo letrado substituto do avogado do Estado, habilitado para a representación do Consorcio de Compensación de Seguros, contra a entidade Amic, S.A., representada pola procuradora Sra. Rodríguez Arroyo, con imposición á demandante das custas causadas pola súa chamada ao proceso.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso (artículo 455.1 LAC en redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual).

Así o acordo, mando e asino, M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña».

E para que conste e para a súa notificación na forma prevista no artigo 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, á demandada Encarnación Boquete Villamisar, cuxo actual paradoiro resulta ser descoñecido, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de novembro de 2011.

A secretaria