Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (28/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 28/2010, por instancia de José Antonio García García contra a MC Mutual, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa José Francisco Martínez Rodríguez sobre incapacidade, en que recaeu sentenza con data 30 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Antonio García García, asistido do letrado José Nogueira Esmorís, contra a mutua patronal de accidentes de traballo MC Mutual, asistida polo letrado Luis Manuel Rodero Díaz, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambas representadas e asistidas pola letrada Belén Guerra Díaz, e contra a entidade mercantil José Francisco Martínez Rodríguez, en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo absolver a absolvo os citados demandados das pretensións exercidas contra eles.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa José Francisco Martínez Rodríguez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado