Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (581/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 581/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Francisco Redondo Muíño contra a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a sSentenza do 30 de marzo de 2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando en parte a demanda interposta por Álvaro Francisco Redondo Muíño, con DNI 32422377J contra a empresa Servicur, S.L., Servicios Auxiliares, debo declarar e declaro que esta procede parcialmente, e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.289,72 euros brutos, polos conceptos reclamados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531 60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531 34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para interpoñer o recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicur Servicios Auxiliares, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2012.

O secretario xudicial