Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (586/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 586/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ver_PDF contra a empresa Andrews da Cruz Bracher e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, desestimando a demanda interposta por Ver_PDF, con NIE Ver_PDF contra a empresa Andrews da Cruz Bracher, debo declarar e declaro que esta non procede, e absolvo a entidade demandada das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación, por canto a contía litixiosa non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g LRXS).

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Andrews da Cruz Bracher, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

O secretario xudicial