Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (792/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 792/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Aarón Ceán Álvarez contra a empresa Media Digital Press, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por José Aarón Ceán Álvarez, con DNI 53300729T contra a empresa Media Digital Press, S.L., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante 1.736,55 euros, máis o xuros por demora do 10%.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación, por canto a contía litixiosa non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g LRXS).

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Media Digital Press, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

O secretario xudicial