Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16002

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 792/2010-PM).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 792/2010-PM ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 741/2007 do Xulgado do Social número 3 da Coruña, promovidos por José Antonio López Arias contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cicron, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de S.S. número 274, Talleres Domínguez, S.A., Javier Sanz Fernández, José Luis Cerqueiro Rodríguez, Marina Bodelon Montecelos, sobre accidente, con data 21 de marzo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Antonio López Arias contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 desta capital, nos presentes autos sobre invalidez tramitados por instancia do recorrente fronte aos demandados INSS, TXSS, a Mutua Ibermuatumur, Mutua Gallega e as empresas Cicron, S.A., e Talleres Domínguez, S.A. e a súa administración concursal, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Talleres Domínguez, S.A., con último domicilio coñecido no lugar de Mesoeiro, n.º 109, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

A secretaria xudicial