Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16000

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 4007/2008 CG).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4007/08 CG, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 103/2008 do Xulgado do Social número 3 de Vigo promovidos por Idelino Suárez Martínez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Martínez Rosa S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, con data 30 de marzo de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Guillermo Barros Arias-Castro, en nome e representación de Idelino Suárez Martínez, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do nove de maio de dous mil oito ditada polo Xulgado do Social núm. tres dos de Vigo en autos n.º 103/2008, promovidos por Idelino Suárez Martínez contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Martínez Rosa S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Martínez Rosa, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Barcelona, 20-5.º B en Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

Francisco Javier Gamero López-Peláez
Secretario xudicial