Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15999

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (255/2011).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Lalit Singh, ditouse a sentenza o 14 de marzo de 2012, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«No recurso de apelación 255/2011 pendente de resolución ante esta sala, interposto por Lalit Singh, representada pola procuradora María de los Ángeles González González, dirixida polo letrado Rubén Fernández López, contra a sentenza de data 14 de febreiro de 2011 ditada no procedemento abreviado 334/2010 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 dos da Coruña sobre estranxeiría. É parte apelada a Subdelegación do Gobierno da Coruña, representada e dirixida polo avogado do Estado. É relator José Ramón Chaves García.

Decidimos estimar o recurso de apelación interposto por Lalit Singh, de nacionalidade india, fronte á sentenza ditada o 14 de febreiro de 2011 (P.A. 334/2010) pola que se declarou a inadmisibilidade do recurso contencioso-administrativo interposto por Lalit Singh contra a Resolución do 2 de novembro de 2009 da Subdelegación do Goberno na Coruña en que se acordou a expulsión do territorio nacional daquel.

En consecuencia, revogar a sentenza apelada e declarar a admisibilidade do recurso contencioso-administrativo así como a desconformidade a dereito da resolución impugnada coa conseguinte anulación. Sen custas».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Lalit Singh, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial