Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15998

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012 pola que se aproba a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ás probas selectivas de acceso á categoría de técnico especialista de Análise Instrumental.

Mediante a Resolución reitoral desta universidade do 27 de febreiro de 2012, publicada no DOG n.º 48, do 8 de marzo (corrección de erros nos DOG do 16 e 26 de marzo), convocáronse probas selectivas para a provisión de unha praza da categoría de técnico especialista de Análise Instrumental, vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo de técnico especialista de Análise Instrumental, con expresión da causa de exclusión. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo). Asemade, publicarase nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (r/ Torrecedeira n.º 86) e no seguinte enderezo electrónico:
http://www.uvigo.es > Administración e servizos> Servizos de persoal> Servizo de Persoal de Administración e Servizos>Emprego > Convocatorias xerais.

Segundo. De conformidade coa base 4.1 da convocatoria, os/as aspirantes excluídos/as
e os/as omitidos/as, por non figurar na lista de admitidos/as nin na de excluídos/as, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

Vigo, 19 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo