Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15538

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (987/2009-R).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña, o dezaoito de xaneiro de dous mil once.

Vistos por min, Marta Canales Gantes, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario, rexistrados co número 987/2009-R, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante, Olga Diéguez Sabucedo, representada polo procurador Javier Carlos Sánchez García e coa asistencia letrada de Juan Diéguez Guerrero e parte demandada, Manuel Prado Moure e Asunción Pena Bermúdez, representados polo procurador Ricardo Sanzo Ferreiro e coa asistencia letrada de José Prado Pena, Julio Carral Conchado e Josefa González García, representados polo procurador Miguel Vilariño García e coa asistencia letrada de Belén Casal, Carlos Carral Conchado, María del Carmen Couce Vázquez, Luis Carral Conchado e os herdeiros da falecida Dolores Iglesias López, (Luis Carral Conchado, Luis Carral Iglesias, Sara Carral Iglesias e María Dolores Carral Iglesias), Manuel Carral Conchado, Raquel Franco Lago, José Javier Carral Conchado, Josefa Martínez López, Ramón Javier Carral López, Pilar Carral López e Miguel Carral López, todos eles en situación de rebeldía procesual.

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Olga Diéguez Sabucedo, representada polo procurador Javier Carlos Sánchez García, contra Manuel Prado Moure e Asunción Pena Bermúdez, representados polo procurador Ricardo Sanzo Ferreiro, contra Julio Carral Conchado e Josefa González García, representados polo procurador Miguel Vilariño García e contra Carlos Carral Conchado, María del Carmen Couce Vázquez, Luis Carral Conchado e os herdeiros da falecida Dolores Iglesias López (Luis Carral Conchado, Luis Carral Iglesias, Sara Carral Iglesias e María Dolores Carral Iglesias), Manuel Carral Conchado, Raquel Franco Lago, José Javier Carral Conchado, Josefa Martínez López, Ramón Javier Carral López, Pilar Carral López e Miguel Carral López, todos eles en situación de rebeldía procesual, debo:

Primeiro. Declarar e declaro que na escritura do 1 de xullo de 1994, outorgada ante o notario da Coruña Ramón González Gómez, o obxecto da compravenda foi o piso 12 do edificio sito no número 9 da rúa Juana de Vega, da Coruña de 121,95 m2 de superficie e inscrito no Rexistro como predio número 72.745-N.

Segundo. Ordenar e ordeno a rectificación rexistral correspondente, polo que procede librar o oportuno mandamento ao Rexistro da Propiedade número un da Coruña, co fin de que se inscriba a favor de Olga Diéguez Sabucedo o predio número 72.745-N, en lugar da indebidamente identificada na escritura de compravenda.

Non se establece especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, que se preparará ante este mesmo xulgado con suxeición ao previsto nos artigos 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, na reforma introducida pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a admisión a trámite do recurso quedará supeditada, ao anunciarse ou prepararse este, á acreditación da prestación de depósito polo recorrente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do importe de 50 euros.

Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa incorporación aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Pilar Carral López e Ramón Javier Carral López, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 11 de xullo de 2011.

O/a secretario/a