Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15536

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3869/2008-S).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3869/2008-SGP (A) a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 781/2007 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, promovidos por Fogasa contra Alfonso Antonio Barcala Fuentes, Ibesca, S.L., sobre reclamación de cantidade, con data do 29 de marzo de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación formulado polo Fondo de Garantía Salarial, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, no sentido de apreciar a prescrición alegada polo Fogasa respecto da paga extraordinaria de xullo de 2006 e a mensualidade de outubro do mesmo ano, limitando os importes correspondentes ao ano 2006 á cantidade de 1.172,16 euros por cada unha das pagas e meses reclamados, e a paga extraordinaria de xullo de 2007 á cantidade de 164,16 euros. E mantemos integramente os restantes pronunciamentos condenatorios que contén a resolución impugnada. Sen custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº. 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Ibesca, S.L., con último domicilio coñecido en Rubiáns, As Carolinas, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

O/a secretario/a xudicial