Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15534

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3373/2008-S).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e n.º de recurso: recurso suplicación 3373/2008-S.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña, demanda 915/2003.

Materia: accidente.

Recurrentes: Eliseo Lista Varela. Ldo. José Nogueira Esmorís.

Recurridos:

– INSS e TGSS.

– Ibermutuamur:

Lda. Carmen Orjales Mariño (bufete Diéguez).

– Mutual Cyclops. Fax: 981 26 63 52.

– Fidel Nion, S.L. e Nocanfi, S.L. (DOG).

Nas actuacións número RSU 3373/2008-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 915/2003 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Eliseo Lista Varela contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur, Mutual Cyclops, Fidel Nion, S.L. e Nocanfi, S.L., sobre accidente, con data do 20 de marzo de 2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Eliseo Lista Varela, contra a sentenza ditada o 19 de febreiro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, nos autos 915/2003, seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Cyclops, a mutua Ibermutuamur, a empresa Fidel Nion, S.L., a mutua Universal Mugenat e a empresa Nocanfi, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Fidel Nion, S.L. e Nocanfi, S.L., con último domicilio coñecido en Carballo (A Coruña), expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial