Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15540

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas

EDICTO (110/2009).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza: 25/2012.

Procedemento: ordinario 110/2009.

Sentenza.

En Ponteareas o vinte e un de febreiro de dous mil doce.

Vistos por Inés Nicolás Herrero, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas os presentes autos de procedemento ordinario n.º 110/2009, seguido entre partes, dunha como demandante Isaac Álvarez García e Roberto Lois Calvo Fernández, dirixidos pola letrada Sabela Iglesias Domínguez e representados pola procuradora Nieves Fernández Suárez, e doutra, como demandado Santiago González Veiga, en rebeldía procesual sobre reclamación contractual.

Continúan os antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido que estimo integramente a demanda interposta pola procuradora Nieves Álvarez Suárez en nome e representación de Isaac Álvarez García e Roberto Lois Calvo Fernández fronte a Santiago González Veiga, condenando a este a aboarlles aos demandantes a cantidade de cincuenta e nove mil cincocentos noventa e seis euros con oitenta e dous céntimos (59.596,82 €), dos cales vinte e sete mil oitocentos noventa e cinco euros con trinta e sete céntimos (27.895,37 €) corresponden a Isaac Álvarez García e trinta e un mil setecentos un euros con corenta e cinco céntimos corresponden a Roberto Lois Calvo Fernández (31.701,45 €), xunto cos xuros legais na forma designada no fundamento xurídico cuarto e as custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela, cabe interpoñer recurso de apelación no prazo dos 20 días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución, que se deberá preparar perante este xulgado para que sexa resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra de conformidade co previsto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

No momento da interposición deberá acreditarse a consignación na conta de consignacións deste xulgado da suma de 50 euros conforme a disposición adicional 15 da LOPX na redacción dada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e expídase testemuño para incorporalo ás actuacións.

Por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Santiago González Veiga, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ponteareas, 24 de febreiro de 2012.

O/A secretario/a xudicial