Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (809/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 809/2011, por instancia de Felipe Allo Pazos contra Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 27 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda interposta por Felipe Allo Pazos contra Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L., debo declarar improcedente o despedimento efectuado ao demandante, condenando a demandada Hijos GR Carpintería 2001, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 17.093,70 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 47,45 euros diarios, con condena solidaria a Industrias Gelucho Romar, S.A. no que se refire a salarios de tramitación e indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000064080911.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de la provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2012.

A secretaria xudicial