Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15543

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1075/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1075/2009, por instancia de Juan Carlos García de la Iglesia, Francisco García de la Iglesia, Víctor Fernández Ríos, Manuel Domínguez Muñiz e Fernando J. García Gandos contra a empresa Soluciones Globales de Restauración, S.L. e Fogasa sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 26 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda interposta por Juan Carlos García de la Iglesia, Francisco García de la Iglesia, Víctor Fernández Ríos, Manuel Domínguez Muñiz e Fernando J. García Gandos, debo condenar a empresa Soluciones Globales de Restauración, S.L. a que lle aboe a cantidade de 2.600 euros a Carlos García de la Iglesia; 2.598 euros a Francisco García de la Iglesia; 1.950 euros a Víctor Fernández Ríos; 1.950 euros a Manuel Domínguez Muñiz e 1.950 euros a Fernando J. García Gandos, polos conceptos reclamados na demanda. Non procede facer declaración de responsabilidade do Fogasa nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 64 1075 09.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Soluciones Globales de Restauración, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2012.

A secretaria xudicial