Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (683/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social núm. 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 683/2009, seguido neste xulgado, por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza deste reforzo, se ditou auto aclaratorio de sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto.

A Coruña, vinte e oito de marzo de dous mil doce.

Feitos.

Primeiro. O 7 de marzo de 2012 ditouse sentenza nos presentes autos, co seguinte teor literal na súa decisión:

“Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por Ramón Luis López Gándara e Juan José Mallo Canle, representados pola letrada Sra. Rodríguez Vieites, contra Alberto Luis Vicente Bernárdez Matovelle e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao Sr. López Gándara a cantidade de 3.067,96 e ao Sr. Mallo Canle a cantidade de 3.012,11 euros incrementada cos xuros moratorios pertinentes.”

Segundo. Por escrito do 21 de marzo de 2012, recibido neste xulgado o 22 de marzo de 2012, a representación de Ramón Luis López Gándara e Juan José Mallo Canle solicita a rectificación da dita decisión, unha vez que non se realizou na sentenza a desagregación das cantidades obxecto de condena solicitada no acto da vista.

Terceiro. No día da data quedaron os autos á disposición do provisor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX e en idéntico sentido os artigos 214 e 215 LAC regulan o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros simplemente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía poida ser rectificado o que se deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da decisión ou se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que excepcionalmente o erro material consista en, “un simple desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a decisión da resolución xudicial”, isto é, cando sexa evidente que o órgano xudicial “simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á decisión”.

Así mesmo, establece o artigo 267.3.º LOPX: “3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.”

Na súa consideración, tendo en conta, que efectivamente se produciu un erro de transcrición na decisión, debe accederse á rectificación solicitada pola representación legal dos demandantes, no sentido proposto por esta no seu escrito do 21 de marzo de 2012.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Que se debe aclarar a decisión da sentenza do 7 de marzo ditada nos presentes autos, que queda do seguinte teor literal:

“Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por Ramón Luis López Gándara e Juan José Mallo Canle, representados pola letrada Sra. Rodríguez Vieites, contra Alberto Luis Vicente Bernárdez Matovelle, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlles ao Sr. López Gándara a cantidade de 3.067,96, en concepto de nómina de decembro de 2008 (1.310,55 euros), nómina do mes de xaneiro de 2009 (1.310,55 euros) e indemnización (447,96) e ao Sr. Mallo Canle a cantidade de 3.012,11 euros, en concepto de nómina de decembro de 2008 (1.285,22 euros), nómina do mes de xaneiro de 2009 (1.285,22 euros) e indemnización (441,67) incrementada cos xuros moratorios pertinentes.”

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso en virtude do disposto no artigo 215.4 LAC e no artigo 267.7 LOPX.

Así por este auto o pronuncia manda e asina, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social n.º 2 (reforzo) da Coruña. Dou fe.»

E para así conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial