Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15554

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (655/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 655/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e dous de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 655/2009 seguidos por instancia de Óscar Iván Vázquez Castro, asistido polo seu letrado, contra a empresa Construcciones Soremax, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada por Óscar Iván Vázquez Castro, asistido polo seu letrado, contra a empresa Construcciones Soremax, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 3.243,71 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle corresponda respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones Soremax, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial