Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1010/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1010/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez contra as empresas Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Dispoño:

1. Estimar a solicitude de María Josefa Arcos Ordóñez de aclarar a sentenza ditada neste procedemento o 29 de decembro de 2011 no sentido que se indica a seguir:

1.º No ditame ten que engadirse que as codemandadas teñen o dereito de opción entre a readmisión da demandante ou o aboamento da indemnización.

2.º No ditame debe dicir que se condenen solidariamente as tres codemandadas a que efectúen a opción legalmente establecida, así como a aboar todas as contías obxecto da condena.

3.º En canto ao cálculo da indemnización e salarios de trámite debe dicir respecto á primeira 3.718,81 euros e respecto aos salarios de trámite 4.538, euros (151 días por 30,05 euros/día).

4.º Ao longo da sentenza debe dicir que as funcións realizadas pola demandante son as dunha dependenta.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. O/a secretario/a xudicial.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial