Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 27 de abril de 2012 Páx. 15550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (708/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 708/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 26 de marzo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo n.º 708/2009, seguidos por instancia de Alberto Vicente Castro, representado polo letrado Sr. Puñal Souto, contra a empresa Supercor, S.A, que comparece representada pola letrada Sra. Varela Miras e contra Freinsing Enterprise, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Alberto Vicente Castro, representado polo letrado Sr. Puñal Souto, contra a empresa Supercor, S.A, que comparece representada pola letrada Sra. Varela Miras e contra Freinsing Enterprise, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 981,64 euros no sentido exposto nos fundamentos primeiro e segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe ningún recurso contra ela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Freinsing Enterprise, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial