Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1154/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1154/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Óscar Varela Vilariño contra a empresa Metalúrgica Donis, S.L., Naval Industrias Fontoria, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido.

Que estimando a demanda formulada por Óscar Varela Vilariño, con DNI: 32826468-V contra a empresa Naval Industrias Fontoira, S.L., debo declarar e declaro extinguido o contrato de traballo do demandante, por incumprimento grave do empresario, con data de efectos de 23.3.2012, condenando a empresa demandada a que lle aboe ao traballador a cantidade de 38.585,1 €, en concepto de indemnización pola resolución do seu contrato, máis 6.712,54 € brutos polos conceptos que se sinalan no fundamento xurídico segundo da presente resolución.

E desestimando a demanda formulada por Óscar Varela Vilariño, con DNI: 32826468-V, contra a empresa Metalúrgica Donis, S.L., debo absolver e absolvo a dita codemandada das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou o seu representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por simple manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta n.º 1531, clave 60, que se poderá substituír por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 300 € na conta n.º 1531, clave 34 e en calidade de depósito e en impreso separado ao importe da condena.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Metalúrgica Donis, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

O secretario xudicial