Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15395

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4287/2010 GA).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 4287/2010 GA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 263/2007, Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrentes: Unión Museba-Ibesvico, Mutua Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de SS n.º 271, José Figueiras Varela.

Avogados: Julio César Portela Torrón, José Luis Vázquez Pérez-Coleman.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, O Catasol, S.L., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de SS n.º 274.

Avogada: María del Carmen Orjales Mariño.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4287/2010 GA desta sección, seguido por instancia de Unión Museba-Ibesvico, Mutua Accid. Trab. y Enf. Profes. de SS n.º 271, e José Figueiras Varela contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, O Catasol, S.L., e Ibermutuamur Mutua Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de SS n.º 274 sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que estimando parcialmente os recursos de suplicación interpostos polo demandante José Figueiras Varela e Unión Museba Ibesvico contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña con data 13.1.2010, debemos revogar e revogamos parcialmente a dita resolución e con estimación parcial da demanda debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da prestación por incapacidade temporal e condenamos a empresa ao aboamento da cantidade de 9.307,37 €, e a Mutua Ibermutuamur a anticipar o pagamento do subsidio desde o 1.1.2006 ata o 8.6.2006, por importe de 3.967,51 euros coa absolución do Instituto Nacional da Seguridade Social e de Unión Museba Ibesvico, ao ter caducado o seu dereito fronte a esta.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes a data da notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co n.º 1552 e deberá indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a O Catasol, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia recollida no artigo 89 LPL, de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial