Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15393

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 2 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se procede a darlle publicidade á Resolución 2/2012 da mesma data, pola que se convoca a provisión dun posto vacante de xefe de servizo de Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

dispÓn:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefe de servizo de Atención Primaria.

Segundo. Poderá concorrer a ela todo o persoal licenciado sanitario, con vínculo de fixeza, situación de servizo activo e adscrición efectiva ao servizo no que presente a candidatura.

Terceiro. A resolución da convocatoria coas súas bases estará exposta na mesma data de publicación deste anuncio no DOG, no taboleiro de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde: www.galiciasaude.es

Cuarto. As instancias dirixiranse ao xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (rúa Sir John Moore 2, 15001 A Coruña) e poderán presentarse no rexistro desta ou calquera rexistro xeral dos servizos do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. O prazo para a presentación das instancias será de 15 días hábiles e comezará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de abril de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña