Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (570/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 570/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Rubal Porto contra a empresa Pinturas Lume, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando a demanda interposta por José Antonio Rubal Porto, con DNI 32629451-H contra a empresa Lume, S.L., debo declarar e declaro que procede e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.637,46 euros.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, e fágaselles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pinturas Lume, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

O secretario xudicial