Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1008/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1008/2009, por instancia de Juan Manuel García González contra Norpol, S.A, J. Costas e Hijos , S.L., José Costas Alonso e Hercos Galicia, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 26 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Manuel García González, debo condenar e condeno as empresas Norpol, S.A, J. Costas e Hijos, S.L., José Costas Alonso e Hercos Galicia, S.L. a que lle aboen ao demandante a cantidade de 1.895,53 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolucein ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 64 1008 09.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Norpol, S.A, J. Costas e Hijos, S.L., José Costas Alonso e Hercos Galicia, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado