Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (912/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Tamara Vázquez Torres contra Galitel 2005, S.L.N.E., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º de procedemento ordinario 912/2011, se acordou citar a Galitel 2005, S.L.N.E., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste xulgado do social, situado na rúa Armando Durán, 1, 4.º de Lugo, o día 23.11.2012 ás 10.30 horas para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Galitel 2005, S.L.N.E., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e para colocar ni taboleiro de anuncios.

Lugo, 2 de abril de 2012.

O secretario xudicial