Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (222/2011).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 222/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esther Fernández Nogueira contra a empresa Envirogal, S.L. e Ourolar Servicios, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución seguinte:

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda formulada por Esther Fernández Nogueira, condeno de forma solidaria as empresas demandadas Enviro-gal, S.L. e Ourolar Servicios, S.L. a que lle aboen á demandante a cantidade de 1.412,28 euros, á cal será de aplicación a recarga por mora do 10% anual. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos límites legais.

E para que sirva de notificación en forma a Ourolar Servicios, S.L., expido e asino este edicto.

Lugo, 4 de abril de 2012.

O secretario xudicial