Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15010

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (300/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 300/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Carmen Touceda Freire contra a empresa José Luis López Mella sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, con data do 19 de decembro de 2011, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por María del Carmen Touceda Freire contra José Luis López Mella e Mesón Ventura e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.350,02 euros en concepto de débeda salarial reclamada, a cantidade de 3.320,89 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente e 6.409,84 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante no indicado prazo.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar que ingresou na conta de consignacións deste xulgado, o importe da condena ou aval bancario solidario, e 150 euros en concepto de depósito, sen este requisito non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis López Mella, en paradoiro descoñecido, remito este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado