Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria

EDICTO (187/2012).

Edicto de citación ao acto de vista oral.

Gloria Alonso Santana, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria, fago saber que nos autos seguidos baixo o número 187/2012 en materia de despedimento disciplinario, por instancia de Diego Montero Melian, contra Pavimento Compavi, S.L., Dragados, Comsa Emte e Fondo de Garantía Salarial, acordouse citalo mediante edicto debido ao seu ignorado paradoiro, para o acto de vista oral que terá lugar o vindeiro día 29 de maio de 2012, ás 11.20 horas, coa advertencia do disposto nos artigos 82.2 e 83 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así mesmo, requírese para que concorra ao acto, para o efecto de contestar o interrogatorio de preguntas da contraparte, se así se solicitase, así como para que achegue a documental que se indica na demanda, cuxa admisión se aprobou por resolución xudicial. Fáiselle saber que as copias desta están ao seu dispor na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de citación en legal forma a Pavimento Compavi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Las Palmas de Gran Canaria, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado