Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1056/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Demanda número 1056/2009, deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Abuin Ces, contra a empresa Construcciones de Obras Públicas y Servicios Vidal Baña, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza o 17.1.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo integramente a demanda interposta por José María Abuin Ces fronte á mercantil Construcciones de Obras Públicas y Servicios Vidal Baña, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a que aboe o demandante a cantidade de 2.289,74 euros, máis o 10% da devandita cantidade por demora no pagamento desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones de Obras Públicas y Servicios Vidal Baña, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial